A rede provincial da Coruña depende da Deputación Provincial no ano 2021 aproba o novo catálogo e estas clasificase pola súa funcionalidade:
-
Rede estruturante: Está formada polos grandes eixes que, xunto coa rede Rede de estradas do Estado, vertebran o territorio, o conectan coas redes de estradas da República Portuguesa e das comunidades autónomas de Asturias e Castela e León e relacionan entre si:
- Os espazos urbanos.
- Os nodos do sistema urbano intermedio.
- Os aeroportos e portos de interese xeral do Estado.
- Rede complementaria: Está formada polas estradas que, xunto coa Rede de estradas do Estado e a Rede estruturante, conectan os nodos para o equilibrio do territorio entre si e coas anteditas redes. Formarán tamén parte da Rede complementaria aquelas estradas que, sen formar parte da Rede de estradas do Estado ou da Rede estruturante, constitúan o principal acceso:
-
Aos parques empresariais de carácter estratéxico e parques empresariais de influencia supracomarcal previstos na planificación sectorial de áreas empresariais de Galicia.
-
Ás estacións de ferrocarril de alta velocidade, cando se sitúen en núcleos de poboación
aos cales non se acceda a través doutras estradas da Rede de estradas do Estado ou da Rede estruturante, ou fóra da rede de vías urbanas dos núcleos de poboación.
-
Rede local: Está formada por todas as estradas non incluídas na Rede de estradas do Estado, na Rede estruturante ou na Rede complementaria. En particular, formarán tamén
parte da Rede local aquelas vías que, sen formar parte da Rede de estradas do Estado, da Rede estruturante ou da Rede complementaria, constitúan o principal acceso a:
- Concellos que non dispoñan de acceso a través doutras estradas.
- Parques empresariais de rango comarcal, plataformas loxísticas, parques especializados e parques tecnolóxicos orientados á innovación, desenvolvemento e investigación previstos na planificación sectorial de áreas empresariais de Galicia.
- Portos de titularidade autonómica, estacións de ferrocarril convencional e estacións
intermodais, cando se sitúen en núcleos de poboación aos cales non se acceda a través doutras estradas ou fóra da rede de vías urbanas dos núcleos de poboación. - Equipamentos colectivos sanitarios, asistenciais, educativos, culturais, deportivos,
administrativos e recreativos de carácter supralocal, cando se sitúen en núcleos de
poboación aos cales non se acceda a través doutras estradas ou fóra da rede de vías
urbanas dos núcleos de poboación.
No seguinte documento de Excel poderás ver a rede provincial da Coruña:
Fonte: Deputación Provincial da Coruña.