Rede Autonómica de Estradas de Galicia

A rede autonómica de estradas comeza coa transferencia de moitas estradas estatais, sendo estas na súa maioría: comarcais e locais. A cesión comeza no ano 1982, cal o Estado publica no BOE o Real Decreto 3317/1982, de 24 de julio, sobre traspaso de funciones y servicios de la Administración del Estado a la Comunidad Autónoma de Galicia en materia de carreteras. Xa no ano 2003 a Xunta de Galicia aproba o seu novo catálogo. Na actualidade, desde o ano 2021 actualizouse as estradas e estas clasificase pola súa funcionalidade:

  • Rede estruturante: Está formada polos grandes eixes que, xunto coa rede Rede de estradas do Estado, vertebran o territorio, o conectan coas redes de estradas da República Portuguesa e das comunidades autónomas de Asturias e Castela e León e relacionan entre si:
    1. Os espazos urbanos.
    2. Os nodos do sistema urbano intermedio.
    3. Os aeroportos e portos de interese xeral do Estado.
  • Rede complementaria: Está formada polas estradas que, xunto coa Rede de estradas do Estado e a Rede estruturante, conectan os nodos para o equilibrio do territorio entre si e coas anteditas redes. Formarán tamén parte da Rede complementaria aquelas estradas que, sen formar parte da Rede de estradas do Estado ou da Rede estruturante, constitúan o principal acceso:
  1. Aos parques empresariais de carácter estratéxico e parques empresariais de influencia supracomarcal previstos na planificación sectorial de áreas empresariais de Galicia.
  2. Ás estacións de ferrocarril de alta velocidade, cando se sitúen en núcleos de poboación
    aos cales non se acceda a través doutras estradas da Rede de estradas do Estado ou da Rede estruturante, ou fóra da rede de vías urbanas dos núcleos de poboación.
  • Rede local: Está formada por todas as estradas non incluídas na Rede de estradas do Estado, na Rede estruturante ou na Rede complementaria. En particular, formarán tamén parte da Rede local aquelas vías que, sen formar parte da Rede de estradas do Estado, da Rede estruturante ou da Rede complementaria, constitúan o principal acceso a:
  1. Concellos que non dispoñan de acceso a través doutras estradas.
  2. Parques empresariais de rango comarcal, plataformas loxísticas, parques especializados e parques tecnolóxicos orientados á innovación, desenvolvemento e investigación previstos na planificación sectorial de áreas empresariais de Galicia.
  3. Portos de titularidade autonómica, estacións de ferrocarril convencional e estacións
    intermodais, cando se sitúen en núcleos de poboación aos cales non se acceda a través doutras estradas ou fóra da rede de vías urbanas dos núcleos de poboación.
  4. Equipamentos colectivos sanitarios, asistenciais, educativos, culturais, deportivos,
    administrativos e recreativos de carácter supralocal, cando se sitúen en núcleos de
    poboación aos cales non se acceda a través doutras estradas ou fóra da rede de vías
    urbanas dos núcleos de poboación.

No seguinte documento de Excel poderás ver a rede de estradas autonómicas en Galicia:


Fonte: Xunta de Galicia.